Adornos na escola

Un gran mural adorna, dende fai unha tempada, o noso corredor, froito dun fantástico traballo en grupo e pequenos equipos pintando e creando árbores espidas a través da reutilización de bolsas de cartón.




Non obstante, a semana pasada decidimos darlle algo máis de vida engadindo todo o que se nos ocorrera. Rapidamente o enchemos de cabazas, espigas, landras, castañas, ourizos... e velaí o resultado:








Comentarios