INFORMACIÓN POSTAIS
As postais solidarias que elaboramos xa están colocadas nos establecementos do Arteixo CCA. Calquera pode cambialas por alimentos, o cal quere dicir que se algún neno ou nena vai buscar a súa postal e esta non está, será porque alguén fixo un acto de xenerosidade adquirindo unha das postais que realizamos na escola. As nosas postais atópanse no establecemento Rebulir na Avda. do Balneario, nº2 e a primeira recollida de alimentos levarase a cabo mañá, venres 20 de decembro.
Comentarios
Publicar un comentario