Tremendo embrollo!



Fai dous xoves levamos a cabo unha reorganización dos libros de consulta localizados no estante do corredor. Tras baleirar o estante descubrimos que había moitos máis dos que pensábamos. Para darlle un sentido a súa posterior colocación, viñéronnos á cabeza varias temáticas (animais, plantas, arte, corpo humano...), realizamos un par de etiquetas e comezamos a clasificalos! 



Aproveitamos tamén os primeiros días de volta á rutina para cambiar as cores do mural do outono e darlle un toque máis invernal!






Comentarios