8 M 🚺
Para conmemorar o 8 de marzo, levamos a cabo unha intervención na contorna nunha parte da senda do Río Sisalde en colaboración co alumnado da EEI de Rorís e EEI da Lagoa que leva por título “Pedras no camiño”.
O día 8 de marzo abríamos na nosa escoliña a seguinte caixa:
Pouco a pouco fomos sacando os diferentes elementos gardados dentro da mesma para fomentar a reflexión e o establecemento de hipóteses sobre o seu contido a través de cuestións como:
Que hai dentro da caixa?
Por qué están aí?
Para que son?
Teñen relación?
Que significarán?
(…)
Preguntas das cales afloraron ideas e recordos de historias que lles contaran sobre a vida de antaño das mulleres.
Colocaron o que simulaba un camiño e cada un/ha foi deixando pedras por parte do mesmo dispoñéndoas ao seu antollo.
Nunha serie de papeliños atoparon palabras como: salario, traballo, fogar… concluiron e simularon a andaina dunha muller por esa senda de pedras, que simbolizaban todas esas trabas, dificultades que foron sufrindo as mulleres ao longo da historia, un camiño difícil, cheo de obstáculos como dicía algún dos peques.
A caixa sigue operativa na aula e aínda a día de hoxe atopamos algúns/has recordando historia a través do xogo e a manipulación dos elementos.
Tralo debate e reflexións, propúxose ao alumnado abrir a proposta á contorna buscando sensibilizar e visualizar, pintando pedras de cor morado pola súa vinculación con este día para colocalas en parte dun camiño.
O tempo mudou en varias ocasións as datas previstas para a colocación das pedras pola senda pero como di o dito “mais vale tarde que nunca” e, tras a longa espera, por fin puidemos colocalas xunto cos compañeiros/as das outras escoliñas, nunha xornada chea de natureza e sol durante a cal:
Camiñamos
Situámonos (ou intentámolo 😂)
E colocamos!
E, por suposto, recordamos e valoramos o esforzo de todas/os que loitaron en prol da igualdade 💪🏼
Comentarios
Publicar un comentario