EU DIGO NON

Eu Digo Non é o título da iniciativa levada a cabo durante este curso escolar para conmemorar e concienciar sobre o 25 N (Día internacional contra a violencia de xénero).

Partindo da serie Bocanada de Graciela Saco, creamos unha nova versión da mesma tomando a idea baseada nas caixas de fósforos que se atopa entre as súas obras.


"una sola chispa basta para incendiar la pradera"

Graciela Sacco

Como noutras ocasións, partimos da reflexión e establecemento de hipóteses sobre diferentes fotografías e datos específicos como poden ser unha data, unhas iniciais ou un lugar. Deste xeito, demos inicio á iniciativa e comezamos a darlle forma seguindo os seguinte proceso:

Interpretación de datos

Preparación das caixas

Identificación de bocas e colocación nas caixas



Adherencia das bocas ás caixas


Creación de mensaxes orais (posteriormente escritos) e fotografías individuais 

Creación da exposición no centro




En relación a este paso, a idea inicial (unha exposición conxunta co alumnado da EEI de Rorís e a EEI da Lagoa nun espazo aberto ao público) viuse trucada debido á xestión do Concello sobre a proposta, ofrecendo no último momento unha localización diferente que non cumpría o obxectivo marcado, polo que se tomou a decisión de facelo a nivel de centro.

Vídeo de concienciación.


Con este vídeo demos por finalizada a nosa iniciativa e durante un tempo poderedes contemplar as caixas no exterior do centro.



E ti, uneste?


 


Comentarios