Mulleres 🚺
Un curso máis, seguimos reivindicando o papel da muller dentro da nosa sociedade, esta vez poñendo cara e nome a algunhas delas, o que deu lugar a un fermoso traballo que levou por nome “Mulleres de Arteixo que fixeron camiño”.
O pasado xoves, pese non acompañarnos o tempo, puxemos fin ao mesmo, coñecendo en persoa a algunhas das mulleres cuxa información foi aportada a cada unha das nosas escoliñas polos nenos/as.
O desenvolvemento do traballo foi levado a cabo da seguinte forma:
Presentación da proposta ao alumnado a través da interpretación e análise de datos
Elaboración de carteis a través de retratos en acetato, teas e lá.
Fin do traballo: encontro e intervención en Sisalde.
Presentación dalgunhas das mulleres aportadas polos nenos/as:
Intervención nas árbores con fÃos de cores, a modo simbólico de camiño e traxectoria destas mulleres:
Graciñas ás familias por aportar e a todas as mulleres en xeral, as que puideron acompañarnos no dÃa e tamén ás que non, por ser modelos exemplares.
Por moitos máis fÃos sen romper e camiños que facer.
Comentarios
Publicar un comentario