30 de Xaneiro
Como ben sabedes, o pasado xoves reunímonos todos e todas na EEI de Rorís para asistir á narración oral de Atenea García e pasar unha xornada cos/coas compañeiros/as das outras dúas escolas. Aínda que a xuntanza, nesta ocasión, veu motivada polo Día Escolar da non Violencia e da Paz, como comentamos noutras ocasións, é algo que debemos ter presente tódolos días.
Durante o día anterior descubrimos a relación de Picasso coa paz e aproveitamos para darlle uso á mesa da luz cun dos seus debuxos.
Comentarios
Publicar un comentario