Saída e visita

Onte estivemos de sorte! Durante a nosa visita ao Museo de Belas Artes, ademais de familiarizarnos coa obra dalgúns pintores que descoñeciamos, atopamos dúas esculturas de Picasso. Que alegría levamos! Posto que a guía nos comentou que algunhas obras eran cedidas polo Museo Raíña Sofía, os máis maiores non dubidaron en recomendarlle que solicitaran o Guernica. Por pedir que non sexa!





Aproveito para deixarvos unha imaxe e un pequeno vídeo da sesión de hoxe, xa que contamos coa visita de Sara e Álex da editorial Kalandraka para contarnos uns cantos contos con música e todo! Fantásticos!


Comentarios