Inverno

Pese que este inverno non está a ser dos máis fríos e chuviosos, durante este mes os/as peques tiveron opción a diferentes propostas vinculadas a esta época do ano. Déixovos aquí algunhas delas!

Busca de parellas e simetrías para a lóxica - matemática e atención


Series e exercitación da psicomotricidade fina 


Conteo e asociación de cantidade - número


Liñas verticais, cores frías e un pouquiño de experimentación a través de pintura líquida.



Estampación con sellos


Psicomotricidade fina e coordinación óculo-manual


Colaxe invernal


Creación de folerpas 


Compártovos en relación a esta proposta o seguinte vídeo co que atopei na cámara facilitada para capturar a súa creación aqueles/as que o quixeran. O único requisito para facer a foto era colocar o nome ao lado para logo non despistarnos ao ver as fotografías 😅.


Lectoescritura a través de busca de imaxes pola aula


Para esta proposta, foron diferentes as opcións segundo o nivel: buscar simplemente as imaxes, seguir a secuencia numérica e anotar nunha folla de rexistro o nome da prenda ou clasificar os substantivos en función do xénero.

Rescata ao animal


Sen dúbida, unha das máis desfrutadas por todos/as!

E máis experiencias co xeo...!

 
Realizamos un pequeno experimento co que observamos o comportamento do xeo en dous botes colocados en diferentes espazos da aula (un ao sol e outro máis á sombra). Deducimos posibles hipóteses e contrastámolas. Así os atopábamos ao final da mañá:



Algo moi sinxeliño pero con moita información á vez! ☺️


Comentarios