Lecturas semanais
Ao longo de cada semana temos sempre diversos momentos de lectura, a veces individuais, outros compartidos e noutras ocasións todos/as xuntos/as. Nos momentos de lectura nos que estamos todo o grupo, os cales acostuman a ter lugar despois do recreo, lemos o conto escollido polo responsable semanal encargado desta tarefa.
Os venres, despois da última lectura de grupo, recordamos tódolos contos e escollemos o favorito, que sería aquel que máis gustou á maioría. Para recoller este dato, cada peque vai colocando unha pedriña ao lado do conto que máis lle gustou e comparte co resto do grupo o motivo da súa elección.
Unha vez todos/as expresaron as súas preferencias, cóntase e determínase cal foi o que obtivo unha maior puntuación, dedicando un anaquiño a falar do seu protagonista. Posteriormente debuxámolo, escribimos o título do conto, describímolo e/ou realizamos unha gráfica rexistrando os resultados da votación (segundo nivel e preferencias).
A semana pasada saía elixido "O anano saltareiro":
Que nos deparará a votación de mañá?😬
Comentarios
Publicar un comentario