África 🌍

Nestas dúas semanas estivemos bastante inmersos/as na caixiña dedicada ao continente africano. Nela atopamos información de diferente tipo para poder tocar, manipular, xogar, escoitar e, en definitiva, desfrutar.


Algunha información xa nos resultaba coñecida de propostas anteriores, como foi o caso do deserto do Sáhara e das Pirámides de Exipto entre as paisaxes naturais e monumentos a destacar do mundo.

Non obstante, atopamos como novidade diferentes bandeiras que tratamos de identificar e situar no mapa.



Aproveitamos para debuxalas seguindo os seguintes pasos: elección da bandeira, selección das cores representativas, elaboración da contorna co resaque rectangular, debuxo e, finalmente e en función do nivel, anotación do país que representa.



Por outra banda, a caixa tamén contén diferentes tarxetas 3 partes (imaxe máis nome, imaxe e nome) dalgúns animais característicos.


Así como a versión dalgúns deles en miniatura que algúns/has peques están aproveitando para rexistrar:


Nesta semana, sumamos como proposta a elaboración de casas africanas:




E, sen dúbida algunha, o que máis está a gustar é a música africana.

Os momentos que están a xurdir co reprodutor de CD están a ser realmente máxicos e do máis variados: momentos individuais de relaxación, canto, baile e, sobre todo, moitas ganas de compartila e ensinarlla aos demais 🥰.




Hoxe engadimos o Djembé e o Shequere, dous instrumentos tradicionais de África que nos trouxeron as máis maiores da escoliña ofrecéndonos unha fantástica explicación sobre o tipo de instrumento, a súa elaboración, o material e a forma de tocalos.


Os cales, por suposto, xa quixeron aproveitar! 



😊

Comentarios

  1. Noa e Celtia saben algún paso de danza Africana...seguimos un grupo de aquí do concello que fusiona música africana e galega, "Perfusión"., un gusto escoitala.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario