🌼 🌹 Flores e Xela 🌺 🌷


Nestas últimas semanas estiveron (algunhas xa se retiraron) e están (ata que deixen de ser frecuentadas) propostas centradas nas flores tales como:

Experimentación con pampillos e auga: para tocar, ulir, desfacer, mollar, colar, machacar... 



Colares de pampillos
 
Propostiña ampliada por eles/as abrindo o abano a outros adornos como aneis ou coroas.



Arranxos florais

Corte, colocación e preparación de floreiros que situamos en diferentes espazos para sentir a primavera tamén dentro da escola.


Ademais, os/as que quixeron aproveitaron para buscalas cores das semprevivas e plasmar o arranxo floral en papel.


Creación de mandalas de inspiración primaveral


As cores nas flores


Recreación dun floreiro con témpera

Pintar modelos reais no cabalete converteuse nunha proposta destacable ao longo deste curso. 

É un placer velos/as en pleno proceso e contemplar as súas creacións, cada unha diferente a anterior, tan únicas e especiais. 


Mentres pintan, concéntranse, reláxanse e deixanse levar! 😍


As partes da flor

Tamén estamos tomando un tempo para coñecer as diferentes partes das flores a través:

Do quebracabezas da flor


Das tarxetas de 3 partes


E,

 Da observación, manipulación e identificación de cada unha delas a través de exemplos reais.


Floración dixital

Experimentación e expresión corporal a través da luz, da súa proxección e a música.




Por outra banda, aproveito para ensinarvos un momento do venres no que falamos de Xela Arias, poeta á que se dedican este ano o Día das Letras Galegas.

Comezamos buscando información agochada dentro dunha caixa: 



Colocamos o material para poder contemplar todo o agochado e deducimos datos sobre a vida e obra desta autora:


Así, pouco a pouco, descubrimos o nome, o lugar e ano de nacemento, que foi nai dun neno chamado Darío ao que dedica un dos seus libros e coñecemos a historia de "A Fraga dos paxaros faladores e a fraga Leopardicia”, historia coa que gañou aos 11 anos un certame de contos. Ademais, pasamos un momento moi divertido cos anaquiños de papel da caixa!


 Feliz Día das Letras Galegas!

Comentarios