A Voz da Infancia
As voces do alumnado plasmadas nos lenzos pretenden poñer de manifesto todo aquilo que non lles gusta e que como adultos/as debemos dar exemplo: escoitar, comprender e respectar.
A exposición foi o resultado dun proceso de interpretación, concienciación e visualización de sentimentos iniciado o 25 novembro en cada unha das nosas escoliñas, e que puxemos en marcha coa seguinte caixa:
Tras dar coa solución, analizamos a palabra celebrar, pois despois de ler o resultado, esta foi moi usada polo alumnado. Isto levounos a falar do seu significado e se realmente consideraban que se trataba dun día de celebración entendido como festexo.
Posteriormente procedemos á lectura de "Tu cuerpo es tuyo" de Lucía Serrano e comezaron a xurdir todas esas voces recollidas nos audios e lenzos expostos no resultado final.
Os días seguintes dedicáronse á elaboración da proposta:
E este foi o resultado:
Comentarios
Publicar un comentario