Entroideando

Durante a mañá de hoxe a escoliña encheuse de princesas, superheroes, estrelas do rock... e de moitas ganas de pasalo ben! 

Mirámonos e requetemirámonos



Perdémonos entre unha chea de telas



E confeccionamos a nosa propia máscara!




En días anteriores dedicamos un chisquiño a falar das figuras do entroido galego que cada peque ía escollendo durante os momentos de faladoiro. Na aula azul contamos con algunhas propostas alusivas a estas personaxes tradicionais para familiarizarnos coas mesmas e os seus nomes:

Nome das personaxes


Puzzle


Identificación e rexistro segundo o número



A figura preferida



Outras opcións ambientadas con esta temática un chisco máis diferentes foron as seguintes:

A roupa da Meca


Maquillaxe de Entroido



Composicións con confeti, serpentina e celofán


O "Entroido" na mesa de luz


Disfraza o boneco



Vémonos o xoves coas pilas recargadas! Que teñades un feliz Entroido! 😊

Comentarios