Entroido


E nun suspiro chegou o Entroido á escoliña! Hoxe deixamos a Meca lista para representar o inicio destas festas. A semana que ven levaremos a cabo os seus mandadiños, os cales foron creados polo/as máis maiores.



Ao igual que sucedeu o ano pasado co Meco, xa que non temos palla como na propia tradición, enchémola de diferentes plásticos que temos gardados no centro para a súa reutilización. Este ano foinos un chisco máis complicada a súa montaxe polo que non a sacaremos á porta como o ano anterior para evitar movela moito. Non obstante, aquí vos deixamos unha fotografía para ensinarvos o simpática que quedou 😊


...e o Mandadiño do luns é o seguinte:


Moito ollo aos próximos días 👀

Comentarios