Xuntos/as


Este ano, con motivo do Día Escolar da non Violencia e da Paz, reflexionamos sobre a importancia e os beneficios de coidarnos uns aos outros, axudarnos cando o precisamos e do respecto aos demais. Comparámonos coas ramas das árbores e imaxinamos que cada un/ha era unha das que había na escola. Collemos cadansúa e probamos a rompela... era moi doado! Algunha delas un chisco máis difícil pero, aínda que se resistían máis, acababan rompendo como as demais. 


Isto sucedía estando soas, pero si as uniamos? Acontecería o mesmo? Por sorte tíñamos máis así que probamos de novo a rompelas. Nesta ocasión era moito máis difícil. Así foi como chegamos a conclusión de que xuntos seríamos máis fortes!

Propúxoselles pintalas para posteriormente xuntalas e colocalas nalgún lugar da aula que nos recordara a unión do grupo. As ganas non faltaron e, pouco a pouco, fóronas pintando!



Como o venres non estabamos todos/as na escola, decidimos esperar aos compañeiros/as que faltaban para que formaran parte tamén desta represensación.

Hoxe levamos a cabo a súa unión...


...e deixámolo no punto de acceso á aula, onde rexistramos cada mañá a asistencia á escola cando estamos preparados/as para comezar a xornada 😊.


Comentarios

  1. Precioso e moi emocionante, ver como se poñen en valor modos de vivir que aportan tanto valor á vida. 💜💜💜

    ResponderEliminar
  2. Que metáfora tan bonita e con tantos valores!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario