UNIVERSO
Esta semana retomamos o tema do universo con algunhas propostas novas. Nesta ocasión, centradas principalmente nas constelacións ✨
Algunhas das opcións que están a ter a súa disposición nestes días son as seguintes:
Busca da parella:
A cal aproveitamos, segundo o nivel de cada un/ha, para traballala cantidade e un pouquiño de lectura a través dos seus nomes.
Adiviña a constelación:
Para esta proposta, transformouse un pouquiño o espazo para poder obter escuridade e percibir as constelacións na mesa de luz.
A proposta consistía en observar cada unha delas e adiviñar de cal se trataba, anotando o nome ao lado do número que lle corresponde. Acabaron engadindo unha lanterna que nun primeiro momento estaba destinada para outra das propostas. Aquí vemos unha das maiores en acción 👏🏼:
Os/as máis peques aproveitaron o espazo para convertelo nun lugar onde agocharse, crear historias e xogar coa luz.
Así se percibía dende o seu exterior...
...e así o vivían no interior 😍:
Picado de constelacións:
Creación de diferentes constelacións a través do seu picado co punzón e observación dos resultados.
Ademais das constelacións, algo co que se emocionaron moito foi descubrir o noso pequeno lugar no universo mediante a apertura de caixas de diferentes tamaños, extraendo cada vez unha nova do interior de cada unha. Así fomos abrindo dende a máis grande, que representaba o universo, ata a máis pequena, a nosa escola, como lugar no que nos atopamos.
As diferentes opcións volveron a espertar a curiosidade dalgúns/has convertendo os momentos de lectura na procura de información e... tremenda sorpresa! Non paran de aparecer cousas nos libros que temos de consulta e que tan orgullosos/as veñen a ensinar! 🤩
Van querer ser todos científicos
ResponderEliminar