8M 🦋


E así de bonitas locen as bolboretas de cores que colgan dunha das árbores da nosa escoliña representando ás mulleres das nosas vidas (nais, irmás, avoas, bisavoas, primas, amigas...) e ás que quixemos darlle ás...
 para voar,
para soñar, 
para imaxinar,
para amar,
para vivir libremente,
para ser o que queiran ser,
para chegar ben lonxe.


E é que as conversas espontáneas no patio poden chegar a dar moito de sí xa que esta pequeniña instalación é froito dunha delas. 

Falando sobre mulleres importantes recoñecidas, unha das nenas maiores aludía á pintora Frida Kahlo e a unha frase que lle encantaba desta artista. Unha frase, sen dúbida, inspiradora e que tanto nos gustou a todos/as 😍:

“Pies para qué los quiero si tengo alas para volar”


Tras darlle forma e sentido á mesma, o resultado foron esas pequenas bolboretas que se moven bailando cando sopra o vento.


Para a súa elaboración, fomos seguindo unha serie de pasos e ao rematar puxémoslle o nome dunha muller importante para cada un/ha de nós e sobre as cales estivemos falando e ensinando en fotografías aos compañeiros/as durante estes días. 



Agora estamos desexando que se aguante un pouquiño máis o bo tempo para que esta fermosa representación poida acompañarnos uns días máis.


 

Comentarios

Publicar un comentario