Natureza
A semana pasada, nunha conversa sobre tulipáns, rematamos falando sobre os toxos pero non todos/as coñecíamos a planta así que decidimos saír ao exterior para coller uns anaquiños deste arbusto espiñento e observalo con detalle.
Os exemplares deixáronse na zona de propostas para artistear un pouco dando lugar á recreación da pequena mostra ou, incluso, tal e como dicía algún/ha, de marañas de toxos. Isto non é de estrañar dada a gran cantidade que observamos na contorna traseira da escola 😂.
Nesta semana, aínda que os toxos continuaron presentes para aqueles/as que non tiveran ocasión de recrealos ou quixeran facelo de novo, démoslle a benvida á primavera dunha forma moi especial e coas camelias como elemento natural protagonista.
Papel continuo, flores, pétalos, morteiros, culleres, recipientes e café, foron os materiais cos que contamos o martes, todos eles preparados para empregar libremente, crear, descubrir, xogar e sentir. Algúns momentiños captados do proceso foron os seguintes 😍:
Outras opcións presentes durante toda a semana foron as seguintes:
Preparación de floreiros
e composicións con luz 💡 .
Que fermosura aprender desfrutando da primavera! Felices vacacións 🌼🌸🌻
ResponderEliminar