Acontecementos ✨
Nesta semana tiveron lugar varios acontecementos importantes! Unha das nenas de primaria chegaba no “rolo de números" ao número 1000, cumprindo o obxectivo marcado inicialmente!
Para contemplar dunha mellor forma a ampla listaxe de números, a lonxitude do rolo e todo o esforzo invertido na realización desta proposta, saímos ao exterior para facer un despregue do mesmo.
Con esta proposta afondamos na seriación dos números, no sentido da súa orde, melloramos a grafía, a familiarización e identificación de números... vamos, un sen fin de aprendizaxes!
Os números de madeira son empregados como apoio para non perder o fío da serie. Colócanse as unidades ordeadas e a partir de aí practicamente sae só, so hai que estar atento/a ao cambio de decenas e/ou centenas.
A medida que collen soltura, eles/as mesmos/as deciden prescindir do apoio e recorren soamente en caso de dúbida.
Por outro lado, anunciamos que grazas a información dunha das familias da escoliña, decidimos participar no certame "Cooperativismo no ensino" co traballo que realizamos sobre a unión de grupo.
Para que se entendera o sentido da obra, decidimos engadirlle unha pequeniña explicación sobre a mesma:
Tamén preparamos unha caixiña para enviar a explicación e o símbolo de unión, asegurando que todo chegaba ao seu destino grazas ao mestre Jorge, o cal, facía hoxe a súa entrega en Santiago.
Moitas felicidades por eses 1000 números que barbaridades!!!
ResponderEliminarEncantame o Precaución Alto contido emocional...crucemos dedos!!!