Semana do libro 📖


Nesta semana contaremos no pavillón exterior da escola cunha pequena recreación da instalación artística "Las raíces del vuelo" de Aixa Portero para conmemorar a Semana do Libro.



Durante esta mañá falamos sobre o que era unha instalación e reflexionamos sobre o que esta artista pretendía transmitir aos/ás espectadores/as cunha parte en concreto da súa exposición, onde se observan libros baleiros, colgados e con montañas de letras debaixo.



Unha das maiores achegábanos dúas fantásticas interpretacións:

"Os libros quedan vacíos se nadie os le e as letras caen ao chan"
"As letras pódenas usar as persoas para crear historias e deixar voar a imaxinación"

Non está nada mal, verdade? 😍

Despois destas reflexións, dirixímonos ao pavillón a ollar o que había preparado e formar parte desta recreación a través da súa intervención.






Ademais de experimentar co carbón, facer voar os cadernos, crear debuxos e formar palabras, xurdiron algunhas historias chulísimas que leremos para todos/as ao longo da semana!

Comentarios

  1. Gracias por abrir as portas do cole para que as familias puideramos deixar os nosos escritos e curiosear as ideas dos cativos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario