Terra 🌍
Dende a volta das vacacións estivemos moi centrados en descubrir máis minuciosamente cousiñas do noso planeta. Algunhas das características nas que estivemos reparando foron:
As capas da Terra
Os continentes e a súa situación no mapa
Elaboración do planisferio
Cun molde circular elaboramos a contorna do que sería o planisferio e utilizamos as pezas dos continentes do quebracabezas para representar cada continente.
Fomos pintándoo con acuarelas seguindo o código de cor dos continentes establecido no quebracabezas, permitindo asociar os diferentes conceptos a determinadas cores.
Lecto-escritura a través do nome dos continentes
En función do nivel, identificamos o continente e escribimos con rotulador ou mediante estampación o nome de cada un.
Lugares do mundo
Identificamos e asociamos diferentes lugares naturais con cada continente.
Mini-libro continentes
Seguimos co código de cor de cada continente para facilitar, xunto coa forma, a súa identificación e aprendizaxe. Así mesmo, con esta proposta, ademais de exercitar a psicomotricidade fina, favorécese a concentración, a dedicación...
Seguiremos afondando neles, pero esta vez de maneira independente, para coñecer cada un deles pouquiño máis 😊.
Comentarios
Publicar un comentario