Asia 🌏

Xa levábamos uns días nos que comezamos a notar que o curso estaba chegando ao seu fin, e nas conversas matutinas acostumaba a aparecer o tema das vacacións, os días que faltaban para rematar ou o que faremos durante o verán.

A semana pasada fixemos a última proposta relacionada con Asia, o segundo continente co que nos familiarizamos despois de África. A propostas en cuestión consistía en poñer en práctica a técnica Shibori, antigo arte xaponés destinado a tinguir telas a través de dobrar, atar, torcer e comprimir teas, evitando que o tintura penetre en certas zonas. 



Semanas atrás presentáramos a caixa de Asia e algunhas propostas vinculadas a este continente.


Animais a través das tarxetas de 3 partes


Música do continente


Descifrar a palabra creada con letras chinas


Na seguinte opción ofrecíase a miniatura e buscábase a equivalencia de cada letra.


Recreación de pagodas (templos característicos de varios países asiáticos)



Elaboración dalgunhas bandeiras 


Por outro lado, a semana pasada puidemos ver o espectáculo ´Aibo´ao que fomos convidados e o acto de entrega de galardóns aos centros premiados no certame de Cooperativismo, que debido as situacións actuais se celebrou a través dunha retransmisión en directo. 


Pese non gañar ningún premio, admiro cada unha das reaccións que tiveron os pequenos/as, moitos dos comentarios foron do tipo: "Non pasa nada", "o importante é participar", "volveremos a probar"... Ademais, as máis maiores amosaron especial preocupación polo que sería do traballo e a posibilidade de telo de volta. Actualmente xa o temos no centro grazas a unha das familias que se encargou a pasada semana de recollérnolo.

O xoves tamén contamos coa actuación de Príncipas e princesos da man do actor Pablo Sánchez.


O que nos recordou moito ás nosas actuacións espontáneas con monicreques!

Comentarios