Exterior

No segundo trimestre tivemos a sorte de gozar de días realmente solleiros e aínda que non podemos dicir o mesmo do terceiro, aproveitamos os días nos que a temperatura é agradable para estar no exterior, sacar materiais e gozar moito máis do patio. 

A lectura está moi presente nunha nova zona que creamos para eses momentos coa estrutura do maio, as telas doadas por unha das familias, unha alfombra, un par de coxíns e uns cantos libros!



 Ademais o espazo funciónanos xenial como lugar de acubillo! 

As telas tamén as usamos como tapetes para delimitar espazos con diferentes usos e materiais:


Nalgunhas ocasións tamén sacamos os cabaletes para dar renda solta a súa creatividade e expresión:


E o mesmo acontece co encerado branco que anteriormente tiñamos na aula laranxa e que xa leva un tempiño formando parte da nosa zona exterior:


As caixas de cartón, ao igual que o curso anterior, seguen a ser un material estrela e tamén nos dan moito xogo nestes momentos.



Os materiais que acotío temos no interior e empregamos no exterior, soen ser materiais versátiles que nos permiten diferentes usos como é o caso das regretas:

Clasificacións

Simetrías

Operacións

Por outro lado, andivemos pouco a pouco a retirar unha pequena zona de setos co obxectivo de engadir o vindeiro curso unha maior variedade de plantas.




E como algúns/has poderedes sospeitar 😌... a auga tamén estivo a cobrar un papel importante, presente ao longo de todo o curso, pero se cabe máis nesta última tempada:

Elaboracións efímeras



E moita experimentación e diversión!


Comentarios