Momentos especiais 😍

Pese que algúns materiais son presentados dunha maneira, os nenos/as exploran novas utilidades e adáptanos aos seus intereses, nivel e necesidades, como foi o caso do seguinte material:


Trátase dun material de lóxica-matemática que permite diferentes usos (composición e descomposición de números, asociación de grafía a cantidade, realización de operacións...). Non obstante, nesta última tempada e coincidindo coa adquisición dun maior número de cubos, o alumnado de infantil atopoulle unha nova función.


Durante varios días foron elaborando torres "pequenas" que daban vida a diversos obxectos (o máis recorrente eran velas de aniversario). Pouco a pouco,  a través do ensaio - error, fóronse decatando de importantes aprendizaxes como colocar os cubos o mellor posible para evitar o derrubamento ou retirar sempre as pezas superiores antes que as inferiores. Pouco a pouco foron mellorando a súa práctica o que as levou a conseguir un reto moi especial: a torre máis alta ata o momento!


Algunha xa se temía o peor... 🤭


Foi todo un logro no que puxeron en práctica todas aquelas aprendizaxes que foran adquirindo dos procesos anteriores e un fantástico traballo en equipo.

Aproveito para ensinarvos outro material moi usado para realizar diferente tipo de construcións por petición dos interesados. Aclaro esta afirmación cun diálogo de clase 😊:

- X: Profe, podes sacar unha foto á construción?
- N: Podedes facela vós coa cámara.
- X: No, no. Desas no, das que fas co teléfono para o blog.

 

Aínda que pasou un tempiño desta situación, aquí vos deixo a foto solicitada e un pequeno vídeo do que foi da construción.



Observándoa ben démonos de conta que tiña bastante similitude cun dos monumentos do mundo que tiñamos en miniatura 🧐.

Por outro lado, apórtovos o seguinte vídeo dun momento captado na aula no que se evidencia o enriquecedor que resulta para o alumnado estar na mesma aula con outros nenos/as de idades e niveis diferentes, mentres uns aprenden, outros ensinan e adquiren sentimentos de responsabilidade 🥰.


É todo un privilexio poder observar todas estas marabillas!

Comentarios

  1. Moitas grazas por facer da escola un lugar tan fermoso e acolledor no que aprender dun xeito tan amable e respetuoso!! foi un curso marabilloso, cheo de felicidade! 🧚🏼‍♀️💜
    (si, esa foto había tempo que había quen agardaba con ansia por ela ☺️)

    ResponderEliminar
  2. Que bonito ver como aprenden todos xuntis sen darse conta!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario