Novembro
Último día de novembro, un mes cargadiño de novidades que se nos pasou nun abrir e pechar de ollos 😳. Aos pouquiños días de comezalo, convidamos á escola a A., o papá de Z., para poder degustar unhas pouquiñas castañas asadas e celebrar así o magosto.
Neste mes realizamos tamén despois de moito tempo a primeira saída grazas a ANPA do noso centro, para ver na EEI de Rorís a obra de teatro Novos lobos.
Para algúns/has, a súa primeira obra e viaxe en autobús! Os nervios fixéronse notar pero foron moitas as ganas de poder retomar este tipo de actividades 😊.
Por outra banda, un curso máis, colaboramos con Arteixo CCA na creación de postais solidarias que se expoñerán nos establecementos da vila durante o mes de decembro para intercambiar por alimentos non perecedoiros e que se donarán ao Banco de Alimentos.
Aínda que o resultado é fantástico, o proceso non se quedou atrás, o uso da purpurina sempre é un éxito asegurado!
Actualmente descoñecemos o establecemento ao que irán a parar, pero irémosvos informando 😉.
E xa para rematar, con motivo do 25N, creamos a instalación á que chamamos "Berra NON á violencia de xénero", inspirada na obra Bocanada de Graciela Sacco.
Reflexións previas á elaboración
Identificación de bocas
Creación das mensaxes
Invitacións ás familias
A instalación estará en principio ata o 13 de decembro no Centro Tecnolóxico (Arteixo Innovación) para todos/as que vos queirades achegar e aportar o voso granciño!
Que propostas bonitas durante Novembro. Parabéns polo voso traballo, a instalación de "Berra NON á violencia de xénero" é impresionante.
ResponderEliminar