NOVOS PROXECTOS
A primeira entrada do blogue deste curso vai dedicada aos momentos de patio, as aprendizaxes e as relacións que os nenos/as establecen neste espazo entre eles e cos recursos que hai no mesmo.
Como ben sabedes, un dos obxectivos para este curso escolar é o de mellorar este espazo, dotándoo de recursos, especialmente naturais e de refugallo, que permitan aos nenos e nenas explorar, establecer relacións, crear, transportar… e aínda que queda un longo camiño por percorrer, xa foron varias as novidades das que estamos a desfrutar.
Zona de construción
Espazo destinado ás construcións, grandes e pequenas, con troncos e listóns, materiais que se combinarán e intercalarán con outros novos en función dos recursos.
Caixas
Un curso máis, as caixas continúan a ser un éxito e son utilizadas con un sin fin de posibilidades: acubillo, transporte, construción, xogo simbólico...
Cordas
A estrutura do maio está a ter unha nova utilidade, a súa combinación coas cordas, da lugar a que se poñan en práctica habilidades como reptar, agocharse, esquivar, control de movemento...
Zona social
Este espazo pasou de ser un lugar de paso a converterse nun escenario, nunha zona de aventuras, e incluso, nunha zona de conversa.
Rodas
As rodas están sendo usadas principalmente para o seu transporte, escalada, salto, construción e acubillo, ademais de ser empregada como un elemento máis no xogo simbólico.
E, por suposto, nestes momentos continúan presentes materiais estruturados (aros, pelotas, zancos, picas, raquetas...) a disposición de quen o desexe, cos que ademais de poñer a proba e/ou mellorar a súa habilidade motriz, empregan no xogo de xeito simbólico, converténdose en escudos, cabalos... e en todo o que imaxinen.
Seguiremos avanzando! ☺️
Comentarios
Publicar un comentario