Samaín 👻🎃


Fai dous venres o centro encheuse de pequenos e pequenas bruxas, vampiros, cabaciñas, unicornios… para dar lugar a unha xornada diferente.

Ao longo da semana levaramos a cabo a lectura de contos cunha ambientación diferente a habitual, na escuridade a luz dunha candea🕯. O responsable da semana da lectura debía escoller os contos máis vencellados a esta celebración e que nos fixeran tremer un chisco. 

Ademais, aproveitamos unha cabaza grande aportada por unha das familias para coñecer as súas partes e preparala para o día.



Durante a xornada, repetimos o que se está a converter xa nunha tradición, aínda que nesta ocasión,  decidiron eles/as mesmos/as os ingredientes e elaboraron o que se recitaría no día:


“Orellas de gato, cola de ratón,
Que sempre teña bo corazón.
Caca de ovella, sangue de dragón,
Que non me falle a imaxinación.
Fresa podrida, dentes de vampiro
Corre corre que che pillo.
Babas de can, nariz de bruxa,
Que nunca me veña a curuxa.
Mocos de babosa, pis de caracol,
Que este ano faga moito, moito sol.
Uns pos máxicos debemos botar,
Para esta apócema rematar.

Comezamos ca retirada dos nomes dos ingredientes e identificando cada un deles:



Unha vez feito isto, engadiron os ingredientes tratando de non tocalos, algo que nos tomamos moi en serio ao tratarse de ingredientes máxicos 😌.


Para rematar, recitamos a apócema e engadeuse o po máxico (algún deu no quid da cuestión 🤭):


Durante a xornada contamos cunha invitación á experimentación coa luz negra. O que foi toda unha sorpresa! Xurdiron ata propostas sobre deixar o cuarto de Marina para sempre así 😂.



Outras opcións para o día foron: 

Debuxo

Transvases



E máis xogo coa mesa de luz e diferentes elementos fosforescentes!



Sumando experiencias e momentos para o recordo!

Comentarios