Fin de trimestre
Cerramos o primeiro trimestre dun xeito moi especial coa luz como protagonista con motivo do solsticio de inverno e diferentes materiais, adobíos e música tan característica destas datas.
Algúns momentos de xogo que tiveron lugar durante esta xornada foron os seguintes:
Cando o xogo chegaba ao seu fin, devolvemos a aula ao seu estado habitual e preparamos para acompañar a merenda un chocolate asturiano que nos trouxera D. fai un tempo atrás e que estábamos desexando probar 😋.
Ademais, durante o mes de decembro retomáronse e engadíronse propostas ambientadas nesta época do ano, tales como:
Bandexa sensorial
Mandalas
Minimundo
Creacións de inspiración navideña
Elaboración de diferentes esculturas con materiais de cores representativas do Nadal como o dourado, plata, vermello ou verde.
Fotografiado
Cada un/ha fotografíou a súa escultura probando con diferentes luces.
Recreación gráfica
E pasouse a cartolina a obra elaborada.
Así mesmo, nos últimos días engadimos á aula unha árbore un tanto diferente á tradicional.
Agúns/has artistearon un chisquiño baseándose nela.
Deica o luns! Volvemos coas pilas recargadas! 😊
Comentarios
Publicar un comentario