Saídas
Como ben sabedes, no mes de decembro, puidemos desfrutar de dúas saídas, actividades que pouquiño a pouco vamos recuperando despois do curso anterior por mor da situación destes case xa dous anos.
A primeira delas foi a visita ao Aquarium, unha visita que nos serviu para maravillarnos, observar e impresionarnos cos animais mariños pero que a súa vez tamén nos fixo reflexionar sobre como viven os animais que se atopan neste tipo de lugares xa sexan acuáticos ou terrestres así como nos residuos que se verten ao mar.
Durante a segunda saída pasámola xornada no Local Social e nos seu arredores co fin de colaborar na colleita do millo que estaban a realizar algunhas das familias do centro. Foi unha xornada moi entretida e na que non faltou o contacto coa natureza, os descubrimentos, as aprendizaxes e a sabedoría dos avós/as!
O camiño
Desprazámonos a pé ata a finca con parada para investigar o que foi unha antiga corte 🧐.
Labores de esfolla
Traballaron arreo atendendo aos trucos que lle deron os avós/a. Esfollaron, quitaron o millo, deitaron os talos para indicar que non quedaban nesa planta ningunha espiga máis que recoller, encheron e arrastraron os capachos e cubos...
Parada no Local Social
As labores e a hora abriu apetito así que despois de alí dirixímonos ao parque do Local Social ou como algunha me trataba de deixar clariño 😂, ao parque de San Roque para merendar.
Despois da parada, continuamos a aventura camiño da casa do avó/a de Z:
Alí mostráronnos que facían co millo e para que o utilizaban.
Incluso vimos dous porcos, unha chea de galiñas e dúas cabras.
Ademais da boa acollida, Z. quíxonos agallar cun par de moedas de chocolate:
De volta ao local cambiamos ruta facendo parada na casa de B.
Unha xornada especial e moi próxima ás/aos nosos peques 😊
Mil gracias de novo ás familias pola proposta e tamén as/aos acompañantes pola súa acollida, cariño e inmenso saber!
Comentarios
Publicar un comentario