Xeografía 🌏

Dado as aprendizaxes sobre o universo, a terra e os seus continentes iniciado o curso anterior, considerouse necesario crear un ambiente destinado á xeografía máis amplo e coidado, onde gardar algúns dos materiais xa empregados así como outros novos. 


Neste primeiro trimestre, ademais das caixas alusivas a África e Asia, engadimos a de Norteamérica e algunhas propostas relacionadas con este continente tales como:

A busca dalgúns dos seus lugares

Proposta presente en varias ocasións cambiando a temática e que consiste en buscar as imaxes do rexistro localizadas en diferentes espazos para descubrir o nome e/ou facilitar/comprobar a escritura do mesmo.



Lugares e cores predominantes

Identificación das cores que máis destacan en cada unha das imaxes e selección das mesmas na caixa de cores.


Elaboración de bandeiras

Seguimos coa elaboración de bandeiras axudándonos do resaque rectangular para a elaboración da súa contorna, das bandeiras en miniatura para o seu debuxo e as tarxetas para a identificación do nome do país no seu reverso. 


Proposta de bordado

Bordado da silueta do continente seguindo o código de cor do continente establecido no quebracabezas e globo terráqueo que temos na aula para facilitar, xunto coa súa forma, a identificación do continente. No caso de Norteamérica empregamos o laranxa. 



Ademais, neste novo espazo fomos incluíndo algunhas propostas e libros de consulta sobre os volcáns, centro de interese presente tamén durante este trimestre. 

Volcáns en papel vexetal


Calco da silueta na mesa de luz


Pintura do calco a través de acuarelas


Elaboración  conxunta da maqueta dun volcán



Recreación dunha erupción volcánica a través de bicarbonato, vinagre e pintura vermella.


Ilustración e/ou escritura do proceso e resultado do experimento.


Partes dos volcáns a través das tarxetas de 3 partes (imaxe e nome, imaxe, nome)


A formación dos volcáns e o movemento das placas tectónicas levounos a falar novamente das capas da terra...



...e tamén de Pangea e a formación dos continentes actuais.






Tipos de volcáns

Ademais, reparamos en que se pode falar de diferentes tipos de volcáns atendendo a diferentes criterios como a súa actividade, forma, erupción... 

Lectura de tarxetas 


Clasificación de imaxes segundo o tipo


Elaboracións en miniatura



Volcáns do mundo

Unha das últimas propostas incorporadas foi a elaboración dun mapa de volcáns co que seguiremos á volta do trimestre 😊.



Comentarios