Comezamos!



Boas de novo familias! Este curso utilizaremos unha vez máis esta ferramenta para achegarvos ao noso día a día na escoliña de Larín e amosarvos algunhas das cousas que imos facendo.

Setembro foi un mes de reencontro, adquisición de novas rutinas e recordo doutras moitas que permanecen outro ano connosco. Demos a benvida tamén as novas compañeiras que xa forman parte da nosa pequena familia escolar 🤗.

Nesta primeira entrada, gustaríame ensinarvos o noso arco da vella, símbolo de esperanza e que nos aporta, como dixo algún peque, alegría cada mañá. Esperamos que vos transmita esa mesma felicidade e enerxía que nos invade a nós ao velo!









Comentarios