Propostiñas creativas

Durante o mes pasado, os/as peques tiveron opción de escoller diferentes propostas creativas preparadas na aula azul, aula destinada este curso a este tipo de actividades. 

Unha das propostas creativas levadas a cabo foi a elaboración de mandalas. A día de hoxe sigue estando esta opción presente na aula, aínda que iremos cambiando os elementos naturais da caixiña por outros de refugallo ou característicos da tempada. 




Outra das propostas que triunfou, especialmente nos máis maiores, foi a creación de cadros con motivo estival. Comezaron timidamente, empregando un ou dous materiais e con formas máis simples, pero rápido se animaron a explorar as diferentes posibilidades dos materiais para levar a cabo creacións máis complexas, con título propio e con toda unha historia detrás!







Fantásticos verdade?😍

Remato ensinándovos outro material que ten toda a pinta de que este ano vai a dar moito de sí e é que este curso a mesa de luz estase a converter nun dos materiais máis reclamados! 



Polo de agora realizaron composicións libres sobre a mesma pero pouco a pouco introduciremos novas opcións! ☺️

Comentarios

Publicar un comentario