SAMAÍN
"Ollos de sapo, ancas de rá, que teñas sorte toda a mañá,
Ás de morcego, serpe sen dentes, que hoxe e sempre sexas valente,
Mocos de ogro, cornos de dragón, que non danen o teu corazón,
Uñas de urraca, mexo de vaca, que este ano non metas a pata,
Se de boa sorte queres gozar, un pouco pó máxico terás que botar"
E con este conxuro demos inicio á xornada de hoxe. Uns días antes decidimos entre todos/as o día que queríamos que fora a celebración e marcámolo no calendario para poder ir contando os días que faltaban. Tamén quedaron dúas follas expostas, onde anotaban a música ou algúns xogos que lles gustaría para o día.
A mañá pasou voando polo que algunhas ideas quedaron gardadiñas para continuar con elas nos vindeiros días. Aínda así, tivemos tempo para facer algunhas propostas máis terroríficas, recrear a cabaza que realizamos coa profe Mónica a través da pintura e mesmo ver un pequeno teatro de sombras.
Levamos toda a tarde escointando o conxurounha e outra vez...jajaja.
ResponderEliminarChegamos a conclusión:"A profe Natalia é bruxa, sabe dunha tenda donde venden ingredientes para conxuros"