OUTONO

Obras: Bosques de outono

O outono é unha das estacións que non nos deixa indiferente, xa que os cambios na contorna son moi salientables. Os diferentes elementos da época son ideais para manipular, observar, seriar, cuantificar, clasificar...e, en definitiva, coñecer un pouquiño máis o medio que nos rodea. 

Algunhas das propostas que algúns/has foron facendo en relación a esta estación foron por exemplo: 

O tarro do outono

Co cal puxeron en práctica a observación, identificación, cuantificación e lectoescritura. Compártovos unha parte do momento dunha peque buscando 👀


Elaboración de bodegóns 

Co bodegón, ademais de desenvolver o sentido estético buscando a harmonía e certa orde na disposición dos elementos, contribúe ao desenvolvemento da orientación espacial (arriba, abaixo, ao lado de...) así como diferentes conceptos de lóxica - matemática (máis, menos, grande, pequeno...). Déixovos outro vídeo pequerrecho dun compi comezando o rexistro dos elementos que usou:


Outras propostas relacionadas coa estación foron as seguintes:

Elaboración dun bosque de outono

Grafía do número e asociación de grafía-cantidade

Identificación de elementos


Investigación de cogomelos


Comentarios