25 de Novembro
40 lazos morados colgan dende o día de onte no exterior da nosa escoliña. Poden parecer uns lazos calquera, pero cada un leva escrito, con moita tristura, o nome de cada unha das vítimas que se cobrou, no que levamos de ano, a violencia de xénero. A súa materialización en cada un dos lazos permitiunos visualizar a cantidade de persoas que sofren a raíz deste tipo de violencia.
O tema dounos para falar da violencia física pero tamén da verbal, menos comentada, pero non por iso menos importante, o que nos fixo pensar no dano que pode chegar a ocasionar as palabras.
Para a posta en marcha desta iniciativa, dende a semana pasada contamos na zona de propostas con cinta morada, unha cinta métrica para medir o tamaño do lazo que estableceramos (50 cm), a lista de nomes, unhas tesoiras e un rotulador para anotar.
Pese que a choiva púxonolo difícil, tras diferentes intentos, puidemos colgalos todiños!
Comentarios
Publicar un comentario