Aniversarios 🎂

Xa son 3 os aniversarios que celebramos na nosa escoliña dende que se iniciou este curso! Unha vez máis, continuamos festexándoo coas "voltas ao sol", interiorizando pouquiño a pouco o concepto de cumprir anos e familiarizándonos con outros tantos como o paso do tempo, as estacións, o día e a noite, os movementos do noso planeta... 




Unha das cousas que máis nos gusta desta celebración é o ensino das fotografías relativas a cada ano de vida, coñecer algunha anécdota e, sobre todo, observar e comentar os cambios físicos que foi experimentando o/a peque en cuestión!


Neste curso elaboran coa masa de sal un pequeniño recordo do aniversario que lles permitirá comprobar o cambio ao longo do tempo dunha forma física. 





Parabéns a estas pequerrechiñas e pequerrechiño! Por moitas máis voltas ao sol así de felices! 🥰

Comentarios