Universo


Hoxe compártovos algunha propostiña que fixemos e outras que nos acompañan estes días na aula azul relacionadas co universo. Comezo pola primeira, a recreación do Big Bang, que estivo a disposición dos/as peques fai un par de semanas tras unha primeira proba feita todos/as xuntos.



Despois de preparar o globo e explotalo, algúns/has fixeron a segunda parte da proposta: recortar unha fotografía alusiva, escribir o nome da teoría e, os/as máis animados/as, engadiron a súa propia explicación.


Polo de agora seguimos co tema, falando das galaxias e das súas formas.




E, por suposto, da nosa galaxia en particular, dos planetas do sistema solar e da súa orde en relación ao sol.





Déixovos o momentiño captado dunha das máis peques tratando de realizar ela soíña a anterior proposta! Todo un reto!


Seguiremos investigando 🔍

Comentarios