Sacapenas

Durante esta semana contamos cunha proposta moi especial cuxa idea xurdíu trala lectura dun conto que viña acompañado dunha figuriña diminuta orixinaria de Guatemala que ten por nome Sacapenas. Esta figuriña, tal e como descubrimos coa lectura, é de utilidade para aqueles/as que lles custa durmir, podendo contarlle as preocupacións e deixalo/a debaixo da almofada antes de deitarse. 



Nunha mesa da aula azul deixouse colocado a súa disposición o material: diferentes anacos de tela, paus, tesoiras e alfinetes para fixar o deseño. Só se podía acudir de forma individual e se o espazo estaba ocupado tiñan que esperar a que o/a compi rematara (isto sucede a miúdo con moitas propostas). 


Unha vez feito o/a sacapenas, segundo o nivel de cada un/unha, recolleron os pasos ou materiais que empregaron para a súa elaboración e/ou pasaron ao papel o seu deseño.



Hoxe quedaron expostos xunto ao nome de cada un/ha para mañá poder contemplar, aqueles/as que o desexen, tódalas creacións antes de levalos/as para a casa. 





A que son chulísimos? Diversos/as como eles/as mesmos/as! 🥰

Comentarios

Publicar un comentario