Máscaras solidarias
Este ano, en lugar de postais solidarias, colaboramos con Arteixo CCA na creación de máscaras solidarias, máscaras simbólicas (non son material de protección) que se expoñerán nos establecementos da vila durante o mes de decembro para que a xente poida achegar alimentos non perecedoiros e intercambialos por unha destas máscaras.
Para personalizalas, experimentamos coas cores primarias (azul, amarelo e vermello) sobre a tea, observando as cores que resultaron da súa mestura e como estas se comportaron nun soporte diferente, expandíndose con rapidez.
Despois de secar, aproveitamos para facerlle formas cun rotulador negro e pasar o deseño ao papel.
Ao final engadímoslle a cada unha delas unha etiqueta onde figura o nome da nosa escoliña, do/a peque que a realizou e tamén a súa idade.
Encantados/as unha vez máis de participar nesta fermosa iniciativa! ☺️






Noa e Celtia foron recoller a súa pero pensaron mellor e acabaron collendo a de outros compis!!
ResponderEliminar