Universo

Velaquí unha imaxe das figuriñas que cada peque levou hoxe para a súa casa 🥰


Fai un par de semanas realizamos con pasta de modelar a nosa versión das miniaturas do sol e dos planetas que usamos nas propostas para representar os principais corpos do sistema solar. Tratamos de darlle a cada un deles un tamaño diferente fixándonos nos modelos. Tardaron varios días en secar polo que tivemos que esperar para poder pintalos. Mentres, incorporamos unha nova proposta para familiarizarse coas cores que posteriormente utilizariamos.


Unha vez secas, puxémonos mans a obra fixándonos no seu tamaño e, por suposto, nas súas cores.



Para poder gardalas reutilizamos unhas bolsiñas de plástico e darlle así unha nova vida as mesmas.



Non quedaron nada mal, verdade? A súa función cumprírona á perfección. 

Aproveito tamén para ensinarvos outras dúas propostas máis relacionadas coa temática baseadas na observación e no seu rexistro sobre o sol, as súas capas e os diferentes movementos da terra (rotación e translación).




Como vedes, para os rexistros non estamos a utilizar máis que un folio en branco no que cada un/ha plasma, interpreta e recolle segundo o seu interese e nivel ☺️.

Comentarios