Nadal II
Como última publicación do trimestre, ensínovos o resto de propostiñas con elementos da época coas que contamos e algunhas máis específicas que levamos a cabo durante o día de onte.
Arte con pinas, aproveitando as pinas aportadas a comezos do outono 🍂
Dúas propostas diferentes relacionadas coa melodía da famosa panxoliña "Dulce Navidad"
A opción máis sinxeliña consistía en facer soar unha caixa de música, xirando a palanca de forma máis rápida ou lenta (en función de como quixeran que soara a melodía) no sentido das agullas do reloxo para lograr que soara (en varias ocasións chegaron a pensar que rompera ao facelo en sentido contrario 😅).
A segunda opción consistiu en interpretar a partitura presentada co nome das notas. Para os máis pequenos estableceuse un código de cores para cada nota. A proposta foi presentada unha única vez quedando posteriormente a súa disposición. Eles/as mesmas íanse fixando no nome e corrixíndose. Nos últimos días soaban así:
Xenial, a que sí? Faremos máis propostiñas deste tipo seguro!
Elaboración de postais
Podería dicir que esta proposta foi sen dúbida a favorita do trimestre. Dende que se presentou, o espazo destinado para o seu fin estivo sempre ocupado, debendo regularse entre eles/as ao estar preparada para estar só dous ao mesmo tempo.
As postais podían regalarse as persoas que quixeran, xa fora un familiar, un amigo/a... O último día no que estivo operativo a proposta foi o meu día de sorte! Agasalláronme cunhas cantas 🥰!
Outras propostas que tiveron a súa disposición foron:
Series con luces
Propostiñas de tarxetas e formas navideñas
Polo que respecta ao día de onte, tivemos unha xornada moi relaxada e contamos coas seguintes opcións:
Desexos de aninovo
Obradoiro de colgantes
Xogos con tapóns
Composicións de cadros
E un pouquiño de disfrace e fotografía!
Recordade que o mellor regalo que lle podedes ofrecer aos/ás peques é un fermoso tempo en familia! Deséxovos un Bo Nadal a todos/as, unha feliz entrada de ano e moita saúde!
Feliz Nadal para ti tamén!!!
ResponderEliminar