Nadal

Nos momentos de faladoiro de finais de novembro, a temática por excelencia dos nenos/as foi a proximidade do Nadal e os cambios que comezaban a percibir en relación a esta época do ano: a colocación da árbore, a chegada do Apalpador, de Papa Noel e os Reis, os cambios nas rúas, os días que faltaban para iniciar algunhas compis o calendario de advento e poder comer o que había dentro... tal foi a recorrencia desta última cuestión que optamos por facer un para poder desfrutar todos/as (sen chocolate 😅) e como indicador dos días que faltan para as vacacións.



En definitiva, o tema non pasou inadvertido, polo que así nos atopábamos a día 1 de decembro 🥰:


Con este interese e alegría, algunhas propostas cambiaron un chisco para seguir reclamando a súa atención.

Cambiamos o tarro de Outono por un bote de Nadal



Pasamos de colocar con precisión e paciencia os planetas, as canicas...


...a poñer boliñas de Nadal!


As pinas do outono substituíronse por estreliñas!


Ademais, a partir dunha árbore decorada entre todos/as, foron elaborando unha nova obra artística: "Árbore de Nadal"



E, finalmente, como opcións totalmente diferentes atoparon dúas relacionadas coa orientación espacial e outra co xogo-simbólico. 

As dúas propostas de orientación espacial están dirixidas a colocar as figuras con motivos navideños na mesma posición que se presenta en cada modelo.


A única diferenza é que na seguinte, ademais de colocar, engádese a dificultade de recoller en papel dita colocación mediante o debuxo ou escritura, empregando conceptos como diante, detrás, ao lado de, encima, á esquerda, á dereita... segundo o nivel de cada peque.


A opción relacionada co xogo-simbólico, é a disposición na aula laranxa dun "mini mundo" de inspiración navideña que tódolos días atopan preparado de formas distintas e que, por suposto, poden manipular, cambiar, derrubar e volver a crear a súa maneira!




Ensinarémosvos máis xa que estas non son as únicas, algunha seguro que xa vola imaxinades 😉

Comentarios