🪴


Este trimestre tivemos moito contacto coas plantas e a nosa escoliña loce un chisquiño máis verde no seu interior. As seguintes fotos, son de finais de xaneiro e comezos de febreiro, de cando realizamos o transplante dos narcisos e xacintos que nos trouxeron as máis maiores 🥰.


Antes de transplantalos reflexionamos un chisquiño da importancia dos buracos da maceta trala observación e experimentación de tres opcións diferentes: maceta con buracos, sen buracos e bote con pedras no fondo. Deste xeito descubrimos o importante que é contar cun bo drenaxe e as consecuencias que terían para as nosas plantas non telo: encharcamento de auga, podrecemento de raíces...


Os narcisos e xacintos medraron rapidísimos (o xacinto ulía 🤩), xa fai bastante que floreceron e actualmente as súas follas están secándose. Non se atopan no seu mellor momento, pero estarán presentes para seguir observando os cambios e conservaremos os bulbos para poder plantalos no vindeiro outono.

Medición de narcisos e xacintos


Por outro lado, a semana pasada, dúas compis trouxeron para plantar unhas sementes de cabaciña (calabacín) 🥒. Este luns contámolas e enfrontámonos a un pequeno problema: se temos 24 e hai que poñer dúas en cada sementeiro, que sucede? Sobran ou precísanse máis?

Cada peque, recolleu nun papeliño a súa estimación e analizamos cada unha das hipóteses.


Despois desta problemática, puxémonos a sementalas: 


Solucionamos o problema que nos atopamos coas 4 sementes que sobraban aproveitando dous botes de iogur desa mesma mañá.


Continuamos coidando tamén o resto de plantas aportadas, unha danos pequenos sustos de vez en cando pero xa vamos coñecéndoa mellor. 

Desexando seguir creando xuntos/as máis espacios verdes á volta destas xa tan próximas vacacións, tanto no interior como no exterior do noso centro 🥰.

Comentarios

Publicar un comentario