Fin de trimestre
Despedimos o trimestre de forma moi relaxada na que moitos optaron por facer o que máis lles gusta, como debuxar ou realizar construcións de todo tipo.
Os/as que quixeron tamén se animaron a decorar con lá, pintura e papeis de cores, unha rama xigante que trouxeron da saída do pasado luns.
Aproveitamos tamén para a montaxe dun moble que empregaremos para gardar as mudas e facilitar así a autonomía á hora de cambiarse, tendo a roupa dun xeito máis accesible para todos/as, máis visibles e totalmente a súa disposición.
Ademais de ser algo que lles encanta, poñen en xogo un montón de aprendizaxes e habilidades, non hai máis que velo 🥰!
E de paso, pasalo xenial 😂
Non obstante, non foi a única montaxe do trimestre, xa que a primeira foi un carriño que habilitamos para a zona de arte. Aproveito a ocasión para amosarvos algunhas fotos relativas á súa montaxe:
Marabilloso, a que sí?
O certo é que lles encanta, colaboran e a satisfacción do que son capaces de facer é inmensa 🤩
Felices vacacións!









Si Natalia, marabilla poder aprender tan bonito 😍
ResponderEliminarEstades feitas unhas decoradoras!!!
ResponderEliminar