#EUQUÉDOMENACASA

Recordando algunha das situacións/inquietudes da aula en días pasados, veume á mente a caixa de sons ou de concienciación fonolóxica que temos na escola incompleta. Na clase falábamos de buscar na casa algún dos obxectos que empezaban polas letras que anotamos e faltaban:


Non obstante, non tivemos tempo a poñela en marcha e, pensando e pensando, ocorréuseme que pode ser unha boa idea retomar esta proposta entre todos/as, partir de 0 e darlle un novo sentido.
Para facer máis amena a nosa estancia na casa, podemos dedicar un ratiño do día, aqueles e aquelas que queiran, para buscar/investigar pola casa obxectos de calquera tipo que comecen pola letra que fixedes para ese día (aconséllovos seguir a orde do abecedario). 
Unha vez recompilado os obxectos, as tarefas que podemos facer son variadas atendendo á idade e ao nivel de cada un:
  • contar o número de obxectos
  • clasificar os obxectos atendendo a algunha propiedade
  • escribir o nome dos obxectos
  • contar as letras de cada palabra 
  • sumar as letras de tódalas palabras
  • mirar que palabra é máis longa e cal máis curta
  • mirar o número de sílabas de cada palabras
  • clasificar as palabras segundo o número de sílabas, letras... 
  • crear pequenas historias nas que intenten introducir tódolos nomes dos obxectos buscados, ect.
Dos obxectos diarios adicados a cada letra, cada neno/a pode escoller o máis pequeniño para que, unha vez voltemos á normalidade, traelos e poder darlle unha continuidade á proposta dende a escola.

Anímovos a que enviedes ao correo electrónico do centro unha fotografía dos obxectos que atopáchedes durante ese día. Deste modo, podo ir subíndoaas ao blogue, compartíndo as vosas buscas e sentirnos un pouquiño máis preto pese as distancias ;)



Comentarios