EXPERIMENTACIÓN

Fai un par de semanas mostrábavos unhas fotografías relativas ao experimento que fixemos sobre a auga e o aceite. Toda a incerteza que provoca o "que pasará" fai que sexa unha actividade que gusta moito. 
Estes días, en diferentes medios, amosaban un sobre a tensión superficial da auga pero, en lugar de explicalo como tal, relacionábano co virus e a importancia de lavarse as mans co xabón. É un experimento sinxelo que podedes facer todos/as na casa posto que simplemente se necesita auga e calquera especia. Deixovos un vídeo de como é para que vos fagades unha idea:


Á hora de levar a cabo un experimento na escola, facemos da seguinte maneira: En primeiro lugar, anotamos o nome de todo aquilo que necesitamos para levar a cabo o experimento. Logo, pensamos as posibles hipóteses e intentamos recoller tódalas ideas e opcións que se nos ocorran. Unha vez feito isto, pasamos á experimentación e á constatación das hipóteses (neste momento acostuman a saír outras ideas e variantes que non se lles ocorreran antes pero que comprobamos igualmente). Para rematar, rexistramos a través do debuxo e a escritura o proceso e o resultado.

Aproveito para ensinarvos unhas fotografías doutro experimento que atoparon nun libro de galiñas para saber se un ovo é fresco ou vello. 

 Hipóteses:

Experimentación:




Rexistro de resultados:


Como vedes os pasos son sinxeliños e podedes facelo na casa sen problema. Animádevos a probalo 😉


Comentarios