Pitiños
Unha das experiencias máis fermosas desta semana foi sen dúbida o nacemento dos pitiños. As expertas sobre o tema ensináronnos un montón de curiosidades e coidados sobre a incubación de ovos e os pitos. Achégovos algunhas fotos dos diferentes días!
Os coidados previos e a posta a punto para o traslado á “casiña”:
Trasladando os que foron nacendo:
Un pouco de caricias e investigación:
Tratáronos con tanto mimo que algún mesmo quedou durmido. Agradecer unha vez máis á familia por esta achega e, en especial, a Celtia e a Noa por todo o que nos ensinaron estes días! ☺️
Comentarios
Publicar un comentario