INFORMACIÓN RELEVANTE

Achégase a información que se acaba de trasladar aos correos electrónicos, esperando que vos chegue a todas e todos.

Trala información ofrecida con respecto á 2º avaliación do alumnado, esta levarase a cabo tendo en conta o traballo desenvolto ata a interrupción das clases.

A notificación dos resultados da 2ª avaliación realizarase o día 3 de abril tal e como se tiña previsto. Para a súa consulta, utilizarase AbalarMóbil como medio preferente de comunicación desta información.


AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e permite ás familias consultar a información dos seus fillos/as a través destes dispositivos. Para consultar máis información sobre a aplicación e como descargala podedes acceder á seguinte ligazón: 


A descarga desta aplicación é totalmente gratuíta e lévase a cabo dende Apple Store, no caso de contar cun sistema operativo IOS, ou dende Play Store, se o sistema operativo é Android:

DISPOSITIVO IOS:

DISPOSITIVO ANDROID:

Agradécese que, en canto se poida, se realice a instalación e o rexistro na aplicación por se algunha familia detectara problemas no seu acceso, tratar de solucionalos ou se fora preciso ofrecer outra alternativa. Non dubidedes en contactar a través do correo electrónico do centro para calquera incidencia.

Por outra banda, na seguinte imaxe podedes atopar unha serie de teléfonos por se algunha familia precisara algún tipo de recurso que se puidera facilitar dende o Concello.


Moito ánimo e forza familias!  

Comentarios

  1. Ola, non sei os demáis pero levo toda a mañan intentando baixar a aplicación e nada...

    ResponderEliminar
  2. Bo día Alba, remíteme como indiquei ao correo electrónico do centro a incidencia en cuestión para tentar solucionar.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario