COMPOSICIÓNS MONOCROMÀTICAS

Vamos coa última proposta do curso! Dende que comezou o terceiro trimestre, xogamos moito coas composicións de todo tipo: con formas xeométricas, cos mandalas, con escuma, con revistas, creando torres e monigotes... polo que non podía rematalo sen unha última proposta alusiva a esta forma de xogar, aprender e crear.

A composición que vos propoño realizar atópase relaciona cos obxectos cotiás e as súas cores. Unha proposta moi sinxeliña, na que non se busca a mestura de cores senón todo o contrario, os/as peques deben decantarse por unha determinada cor (a que lle guste máis, a que lle guste menos, a que lle guste a outro membro da familia...) e buscar material relacionado á mesma e as súas diversas tonalidades e matices. 

Poden ser composicións pequeniñas ou composicións máis grandes, todo dependerá da cantidade de obxectos que atopen e estean dispostos a buscar.  A disposición dos obxectos tamén pode variar segundo as súas preferencias: colocalos realizando un círculo, un cadrado, un rectángulo...




Unha vez feita a composición, como bos/oas artistas que son, poden poñerlle un título, ademais, poden: contar, comparar obxectos, clasificalos, ordealos por tamaño... Déixovos un vídeo con máis ideas para as composicións:


Bo día a todos/as!

Comentarios